Recurso para unha Unidade Didáctica

Este recurso foi creado a raíz dun traballo feito na carreira de Educación Infantil, coa idea de levalo a cabo nunha Unidade Didáctica relacionada coa música e outras representacións.

Neste caso elaborouse un mapa tanto de forma dixital como en formato físico para que os nenos e nenas poidan xogar de ambos xeitos

Comezando co formato físico:

O neno ou nena comezará na provincia de Pontevedra e rematará na provincia de Ourense, é dicir seguirá o percorrido. En cada casilla atopará un elemento representativo como pode ser a imaxe de Rosalía de Castro, un pincel, as gafas de Castelao... Cada elemento figurará nas distintas tarxetas que conterán un código qr xusto debaixo deses elementos. Para realizar a actividade deben escanear cun aparello electrónico ese qr. As tarxetas por diante conteñen o nome da provincia e por detrás o elemento que figura nas casillas do mapa e o código qr correspondente.

Por conseguinte, tamén poderán utilizar este recurso en formato dixital. Se premes na seguinte ligazón poderás acceder a él: https://www.canva.com/design/DAFfslgSaf0/MUXFAUCWqJy7pwLd-b-nmw/view?utm_content=DAFfslgSaf0&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink 

Neste caso seguen o percorrido igual que no formato físico pero para acceder ás actividades basta con que preman nos elementos correspondentes a cada casilla para que lles redirixa a actividade.

 

👀 Cabe mencionar que para realizar certas actividades son necesarios recursos como: cores, tixeiras, teas, o cadro de Castelao, un debuxo dun peliqueiro, etc. Todos estes recursos poderían ofrecerse dentro dunha funda dun instrumento como por exemplo de un violín. Esta poderase levar para casa para que realice cada neno ou nena as actividades e introduzca o feito na propia funda.