Instalación sensorial
Unha instalación consiste nunha proposta de xogo na que os nenos e nenas poden manipular, observar, explorar, pensar, experimentar...
Neste caso no ciclo xunto con catro compañeiras máis realizamos a seguinte instalación sensorial a través da cal se buscaba estimular os sentidos como a vista, o tacto, o oído e o olfato. O gusto non pudo ser posible neste caso.

Neste espazo colgáronse fíos de lá. Uns fíos contiñan cascabeis para estimular o oído; caixas que contiñan papeis celofán de distintas cores para estimular neste caso a vista; pompóns para percibir o tacto e por último bolsas con diferentes esepecias para que puidesen ulir.
